Catedral de Santiago de Compostela  

A Túa Tenda de Bicicletas en

Santiago de Compostela

 
Español Galego English
 
 
   
 

Logo Velo
Bicicletas Velocípedo Facebook



 
 
Embalaxe de Bicicletas

 

Realizamos embalaxes de bicicletas para o seu correcto transporte en avión, autobús, tren, etc.

As bicicletas van perfectamente protexidas mediante cartón, plástico de burbullas ou similar e metidas nunha caixa de cartón das dimensións apropiadas para o seu transporte.

Tódalas pezas que sexa necesario desmontar (pedais, sillín, etc.) van suxeitas con bridas de plástico para evitar tanto a súa posible perda como que poidesen golpea-lo cadro da bicicleta.

Realizamos embalaxes ó longo de todo o ano sen problemas pero durante determinadas datas (meses do verán, Semana Santa ou pontes, festivos) é mellor realizar unha reserva anticipada pola maior afluencia de peregrinos co obxecto de evitar sorpresas de última hora.

O prezo da embalaxe para o ano 2017 é de 21 € por bicicleta.

Embalaje BiciEmbalaje Caja

TARIFAS DE ENVÍO DE BICICLETAS 2017
Zona 1
Zona 2
Zona 3
Zona 4
Zona 5
Zona 6
1 bici
50 €
70 €
110 €
120 €
130 €
105 €
2 bicis
48 €
68 €
105 €
115 €
125 €
100 €
3 ou + bicis
47 €
65 €
100 €
110 €
120 €
95 €
  Península Baleares Bélxica Alemania Resto U.E. Francia
  Portugal Holanda Gran Bretaña  
  Luxemburgo    
  Italia    
             

Os envíos a EEUU e Canadá teñen un prezo fixo por bicicleta de 200 €.

Os envíos a Suíza e Noruega teñen un prezo fixo de 140 € por bici.

Os envíos a Arxentina, Australia, Colombia, Ecuador, Xapón, México, Nova Zelanda, Corea do Sur e Taiwan teñen un prezo fixo por bicicleta de 240 €.

Os prezos inclúen o I.V.E.
Os prezos inclúen a embalaxe da bicicleta en caixas de cartón.
Os prezos indicados son por bulto, sempre que vaian á mesma dirección.

O seguro obrigatorio incluido pola compañía de transportes ten unha cobertura de ata 200 euros sobre o porte, non cubre danos na mercancía. Seguro a todo risco opcional pagando o 2,42% do valor da mercancía (cantidade mínima a asegurar 760 €).

 

Horario Comercial:
Luns a venres: 9:30 a 13:30 e 15:30 a 20:00
Sábados: 10:00 a 14:00

 
   


¡¡¡¡ MAILLOT CAMIÑO DE SANTIAGO !!!!

Mayllot Corto


 
Servizos Especiais
 
 
         
2007, Velocipedo, S.C.